Manu Chao
Manu Chao


EAN: 9788483027257
Editorial:
Nº Páginas:
Fecha edición: 2024
Materia(s): Compositores y músicos, bandas y grupos específicos
Sin stock, disponible bajo pedido
Segundo Eduardo Galeano, Manu Chao. Música e liberdade, do xornalista musical italiano Alessandro Robecchi, “non é unha biografía dun rock star pola sinxela razón de que Manu Chao non é un rock star, senón máis ben un rock wind, e non se pode retratar o vento. O autor deste libro métese nese vento que se mete nos mundos do mundo, e convídanos a voar”.
Robecchi reconstrúe a traxectoria vital e musical de Manu Chao dende os comezos dos Hots Pants e Los Carayos á paixón insurrecta de Mano Negra, á aventura do cargueiro Melquíades, e á Colombia do Expreso de xeo e lume, momento no que chegou a se converter no verdadeiro líder do grupo. Esta primeira biografía continúa co seu camiñar musical en solitario, abordando tanto o éxito radical dos seus discos Clandestino e Próxima Estación... Esperanza, como das súas estancias en Barcelona, ou o seu último concerto en Lalín, nunha traxectoria ascendente cara ao número un de tódalas listas musicais de Sudamerica e Europa, gracias á mestizaxe musical que fai que as súas cancións non pertenzan a un só lugar senón a todo o mundo.
Xurxo Souto e Xosé Manuel Pereiro reivindican no libro a pegada galega da obra de Manu Chao e reviven a súa estadía en Galicia. Na introducción de Xurxo Souto, “Manu Chao en Galiza, ou a aventura da Feira das mentiras”, descríbese o encontro de Manu Chao coa terra dos seus maiores, a terra e as xentes de Bastavales, a unión co movemento Bravú, a participación na Caravanne des Quartiers e a celebración en Santiago, no agosto de 1998, da Feira das Mentiras. Pola súa banda, o xornalista Xosé Manuel Pereiro escribe un epílogo, “Ciao, Manu”, no que revive a última estadía de Manu Chao en Galicia, en Lalín no mes de agosto de 2001, “unha festa realmente global”, e no que valora o papel da proposta musical de Manu Chao na sociedade actual.