Un Feliz Mundo Novo
Un Feliz Mundo Novo


EAN: 9788483020562
Editorial:
Nº Páginas:
Fecha edición: 2024
Materia(s): Ciencia ficción
Sin stock, disponible bajo pedido
Ó sobrevoaren o crematorio, o helicóptero disparouse verticalmente por efecto da columna ascendente de aire quente que saía das chemineas, caendo de socato ó alcanzar unha miguiña despois o aire frío descendente.
-¡Que gloria de montaña rusa! -riu Lenina encantada. Pero o ton de Henry volveuse momentaneamente melancólico.
-¿A que non sabes o que foi ese vaivén? -preguntou-. Pois foiche un ser humano que desaparecía para sempre ascendendo no medio daquela bafarada de gases quentes. Sería interesante saber de quen se podería tratar: dun home, dunha muller, dun Alfa, dun Épsilon... -Suspirou; logo, con voz resolta e leda concluíu-: Tanto ten, haiche unha cousa da que podemos estar seguros, quenquera que fose, foi feliz mentres viviu. Todo o mundo é feliz nestes tempos.