O Armario Novo de Ruben
O Armario Novo de Ruben


EAN: 9788497828994
Editorial:
Nº Páginas:
Fecha edición: 2024
Materia(s): Libros de cuentos ilustrados , Fantasía y realismo mágico (infantil/juvenil) , Edad de interés: a partir de 9 años
Sin stock, disponible bajo pedido
" O armario novo de Rubén "
A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu.
" Dacabalo da vasoira "
Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira.
" Xogando ás agachadas "
Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco.
" Chegou un home moi grande "
A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo.
" Bolsas, milleiros de bolsas "
A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.